Comezamos a segunda parte da campaña TODXS SOMOS BOIRO estrenando un vídeo que pon en valor o traballo do tecido empresarial Boirense e que apela a unidade nestos tempos dificiles que vivimos.
Poderase visualizar nas plataformas Youtube – Vimeo – www.abe.gal – Facebook – Instagran
O video fala de emocións, de sentimentos, de cooperación e sobre todo da interación dos sectores produtivos co pobo e como influen no seu crecemento.O texto é un precioso alegato ao asociacionismo que agardamos vos guste tanto como a nos.
Pregamos a máxima difusión e agradecemos de antemán a vosa colaboración.
Texto da locución do vídeo
“Unha relación natural, complexa, persistente.
Un ecosistema poboado por diversos organismos que conviven en mutua necesidade.
Unha interdependencia delicada, intricada, de aparente normalidade.
A vida nunha vila e como a coñecemos grazas a suma dos que a habitan.
Nela exercen a súa esencial función.
Unha continua interacción entre veciños, comercios, servizos e espazos públicos nos que reside parte da súa identidade.
Son as caras coñecidas detrás da pequenas cousas do día a día.
Abrigo, sustento, transporte, entretemento forman parte fundamental do tecido deste ecosistema e que tamén fan posibles esas experiencias que tanto valoramos.
Pero as veces, algo cambia, prodúcese un desequilibro e o ecosistema treme.
É entón cando se fai mas palpable fronte a fraxilidade do individuo son os organismos que cooperan os que perduran.
Necesitámolos do mesmo xeito que eles nos necesitan a nos
Somos todos os que nos necesitamos e axudamos, os que persistimos.”
TODXS SOMOS BOIRO
Xa podedes visualizalo premendo na imaxe.